
Parece ser que a dona do baixo levounos aos tribunais e conseguiu desaloxalos. Con todo, chámame a atención isto porque creo lembrar que na carreira comentáronnos que este baixo estaba protexido, pola singularidade da súa decoración e distribución interna, e supoño que agora Malde ao trasladarse levará os mobles, que formaban parte deste interiorismo, co cal se cambiará a imaxe do local.
Espero, por Deus, que non acabe neste baixo tan orixinal e emblemático outra das horribles tendas de recordos que poboan esta rúa, con todas esas chilindradas de cores chillóns, camisetas charramangueiras e figuras absurdas, que con todo o que hai dentro non sumamos nin 100€. ¿Non pode -e debe- o Concello limitar o número destas tendas que devalúan a imaxe da rúa? Mantendo o tipo queda a Oficina do Peregrino -que esperemos que restauren pronto por dentro, xa que esta casa do Deán barroca é un edificio imponente-, a fundación Caixa Galicia, o Casino e a Torrente Ballester, xunto con edificios de uso privado máis ou menos ben conservados. A este paso, unha das rúas máis emblemáticas da cidade acabará sendo un parque temático para turistas, aínda que ese é o camiño que seguirá toda a cidade como non se poña límites á expansión do EuroCamino Resort Santiago.
Déixovos o enlace coa noticia de prensa, por se vos interesa: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/10/0003_8217534.htm
A foto é de www.malde.net