Website counter

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Chegan os Reis Magos a Ferrol!!

Por expreso desexo dos comentaristas deste blog, vou intercalar entradas en galego e castelán. O dano que lle poda facer o idioma dóeme, e podería realizar unha encosta ; - ) para ver que idioma é o preferido, pero como non son Feijoo, e creo na convivencia dos 2 idiomas, sen complexos, comezo.

Con esta noticia fixo que se entende porque a pesar de que todo vai tan mal en Ferrol, a xente parece non importarlle:

http://www.lavozdegalicia.com/galicia/2009/12/23/00031261560875517502272.htm

domingo, 20 de diciembre de 2009

Fiestras de aluminio en Santiago de Compostela (I)

Cúmprese en Santiago o que eu sempre pensei. Que só poñen madeira os parvos ou os que non teñen a ninguén que lles axude a que se faga a vista gorda. A ver si o Concello colle dunha vez o touro polos cornos e aclárase sobre este tema:

A) Se se pode por alumnio nas xanelas e escaparates, que o poidan por todos.

B) Se non se pode por, a solución non é unha multa, é obrigar a retiralo e por madeira pintada en branco.

C) Se estás a obrigar a por un material máis caro e con peor resultado, deberías subvencionar parte, para que sexa economicamente máis viable, e despois asegurar que se restaura cada certo tempo, que ás veces dá noxo ver as xanelas de madeira dalgunhas casas.

Hoxe porei algunhas imaxes de casas con aluminio na zona vella, desde o Arco de Mazarelos á Praza da Inmaculada pasando pola praza da Universidade cara a Calderería pola libraría Abraxas, Preguntoiro, Praza de Cervantes. e rúa da Acibechería. Para quen non coñeza a cidade, é un percorrido, que a paso normal leva unicamente uns 8 minutos. A cantidade de aluminio en rechamante.

Exemplo 1 (Vese ben no galerín). O edificio en pedra que vemos detrás é a actual Facultade de Filosofía de Santiago -antes foi Xornalismo, que agora se sitúa no Campus Norte, nun edificio deseñado por Álvaro Siza-.

Exemplo 2 Esta casa é un dos puntos de asentamento do Arco de Mazarelos, unha das antigas portas da muralla de Santiago, o que non supuxo un problema para lucir un escandaloso aluminio. Así, podemos velo sucio e cheo de adhesivos e carteis debaixo do cartél co seu nome.



Exemplo 3 Baixada dende Mazarelos cara a Virxe da Cerca.

Exemplo 4 .Esta é a outra casa que sostén o Arco de Mazarelos e a súa vexetación.

Exemplo 5. Casa da Praza de Mazarelos

Ejemplo 6. Otra casa en la Plaza de Mazarelos












Exemplo 7. Rúa Calderería, edificio da reloxería Alfonso.

Exemplos 8 - 25. Outras casas en Calderería e Preguntoiro. ¡Fixaros que hai casos que ata teñen as persianas por fóra!



































Exemplo 26. Praza de Cervantes (enrriba de Alimentación Cepeda)

Exemplo 27. Praza de Cervantes (ó lado da sede da Obra Social de Caixanova)

Exemplo 28. Rúa Acibechería

Exemplo 29. Rúa Acibechería. O oscilobatiente non engana.

Exemplo 30. Rúa Acibechería

Exemplo 31. Rúa Acibechería (un aluminio perfecto, xa se lle caíron ata os cuarteróns e como quedan entre 2 cristais, pois no se pode facer nada)

Exemplo 32. Praza da Inmaculada, e escasos 20 m. de San Martiño Pinario, e a uns 50 m. da fachada de Acibechería da Catedral. Se isto non é zona de afectación máxima, non sei que o será.

Exemplo 33. Praza da Inmaculada (o edificio grande que se ve xa é San Martiño Pinario)

Non só as vivendas particulares poñen alumnio, algúns negocios tamén, como o escaparate na Rúa Preguntoiro de Almancenes Álvarez.

Ou o escaparate de moda Carmen - Praza de Cervantes (este edificio restaurouse recentemente en madeira, pero o baixo segue en aluminio dourado). Aproveito para dicirlles que non pasaba nada por cambiar a caixa da alarma, que está oxidada e coa pintura levantada. Seguro que acaba manchando a pedra!

Este é o camiño que fago dende casa ata o meu traballo, e son os casos que vin, pero seguro que se me escapa algún. Pero farei outros percorridos e sacarei máis fotos, que hoxe, 20 de decembro de 2009, facía un frío tan insoportable que me custaba cargarlle ao botón da cámara. Polo demais era un día claro e estupendo para quitar fotos, un día luminoso no que felicito a Manuel, o meu pai, que está de cumpre. Bicos!!!

jueves, 17 de diciembre de 2009

viernes, 11 de diciembre de 2009

A crise da construcción potencia a restauración

A ver se é verdade, que eses edís das 7 principais cidades, empezando polo de Ferrol -si é que tivo o callo de ir- e acabando co de Santiago, teñen moito por facer...Polo menos é unha noticia, que, á min, alegroume a mañá. Non a crise da construción, por suposto, pero si que se centren os capitais en restaurar obra xa existente e non facela de nova planta. Santiago, por exemplo, paréceme un caso paradigmático, xa que mentres a zona vella está case deshabitada e en moi mal estado, construíuse moito nos arredores con maior ou menor acerto. Se agora, ese mesmo capital, invístese en restaurar e arrombar a arquitectura preexistente, todos gañamos. ¿Por que?. Porque si se restaura pouco, faise en obras moi escollidas que despois resultan inalcanzables a case todos os petos; si se restura moito, o prezo será máis económico, e moita máis xente poderá cumprir o soño, como o que eu teño, de poder vivir nunha casa rehabilitada do centro histórico de Santiago.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/12/11/0003_8164244.htm

jueves, 10 de diciembre de 2009

Sede de Caixanova e libraría Couceiro













Parece ser que dende febreiro poderemos gozar coa magnífica nova sede da Fundación Caixanova en Santiago de Compostela, nun impoñente edificio que pecha a Praza de Cervantes, a escasos 100 metros da Catedral e de San Martiño Pinario.
Estou particularmente emocionada por esta restauración, xa que o edificio é unha marabilla e porque vén supor unha rehabilitación máis nunha cidade bastante pouco dad a facelas, ou polo menos a facelas ben. Para comprobar isto non hai máis que ver a rehabilitación do edificio de Couceiro, xusto en fronte e da que en breve porei foto.
O auditorio, que non se puido integrar neste edificio atoparase a escasos 50 m. de aquí, no antigo edificio do Pilar, na rúa Preguntoiro, a máis importante das que desembocan aquí, xunto coa de Acibechería, que xa nos leva á parte máis monumental que citamos antes.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/12/10/0003_8161177.htm

Hoxw, 20.12.2009, pño as fotos da Libraría Couceiro:






Se cadra peco de purista, pero é que me parece unha chapuza. Non entendo se aquí contempláronse as mesmas normas que para o resto dos edificios, porque aínda que puxeron madeira nas fiestras, esa ampliación en pedra puída, con xanelas que non manteñen a estrutura das inferiores e esa varanda de aceiro coas barras en horizontal paréceme un sinsentido. ¿Isto cumpre a normativa? Pois vaia. Aínda que me parece estupenda a localización da libraría e recuperouse o edificio, a ampliación paréceme un horror e gustaríame que me explicasen porque se permitiu esa utilización dos materiais e con eses acabados.