Website counter

domingo, 20 de diciembre de 2009

Fiestras de aluminio en Santiago de Compostela (I)

Cúmprese en Santiago o que eu sempre pensei. Que só poñen madeira os parvos ou os que non teñen a ninguén que lles axude a que se faga a vista gorda. A ver si o Concello colle dunha vez o touro polos cornos e aclárase sobre este tema:

A) Se se pode por alumnio nas xanelas e escaparates, que o poidan por todos.

B) Se non se pode por, a solución non é unha multa, é obrigar a retiralo e por madeira pintada en branco.

C) Se estás a obrigar a por un material máis caro e con peor resultado, deberías subvencionar parte, para que sexa economicamente máis viable, e despois asegurar que se restaura cada certo tempo, que ás veces dá noxo ver as xanelas de madeira dalgunhas casas.

Hoxe porei algunhas imaxes de casas con aluminio na zona vella, desde o Arco de Mazarelos á Praza da Inmaculada pasando pola praza da Universidade cara a Calderería pola libraría Abraxas, Preguntoiro, Praza de Cervantes. e rúa da Acibechería. Para quen non coñeza a cidade, é un percorrido, que a paso normal leva unicamente uns 8 minutos. A cantidade de aluminio en rechamante.

Exemplo 1 (Vese ben no galerín). O edificio en pedra que vemos detrás é a actual Facultade de Filosofía de Santiago -antes foi Xornalismo, que agora se sitúa no Campus Norte, nun edificio deseñado por Álvaro Siza-.

Exemplo 2 Esta casa é un dos puntos de asentamento do Arco de Mazarelos, unha das antigas portas da muralla de Santiago, o que non supuxo un problema para lucir un escandaloso aluminio. Así, podemos velo sucio e cheo de adhesivos e carteis debaixo do cartél co seu nome.



Exemplo 3 Baixada dende Mazarelos cara a Virxe da Cerca.

Exemplo 4 .Esta é a outra casa que sostén o Arco de Mazarelos e a súa vexetación.

Exemplo 5. Casa da Praza de Mazarelos

Ejemplo 6. Otra casa en la Plaza de Mazarelos












Exemplo 7. Rúa Calderería, edificio da reloxería Alfonso.

Exemplos 8 - 25. Outras casas en Calderería e Preguntoiro. ¡Fixaros que hai casos que ata teñen as persianas por fóra!



































Exemplo 26. Praza de Cervantes (enrriba de Alimentación Cepeda)

Exemplo 27. Praza de Cervantes (ó lado da sede da Obra Social de Caixanova)

Exemplo 28. Rúa Acibechería

Exemplo 29. Rúa Acibechería. O oscilobatiente non engana.

Exemplo 30. Rúa Acibechería

Exemplo 31. Rúa Acibechería (un aluminio perfecto, xa se lle caíron ata os cuarteróns e como quedan entre 2 cristais, pois no se pode facer nada)

Exemplo 32. Praza da Inmaculada, e escasos 20 m. de San Martiño Pinario, e a uns 50 m. da fachada de Acibechería da Catedral. Se isto non é zona de afectación máxima, non sei que o será.

Exemplo 33. Praza da Inmaculada (o edificio grande que se ve xa é San Martiño Pinario)

Non só as vivendas particulares poñen alumnio, algúns negocios tamén, como o escaparate na Rúa Preguntoiro de Almancenes Álvarez.

Ou o escaparate de moda Carmen - Praza de Cervantes (este edificio restaurouse recentemente en madeira, pero o baixo segue en aluminio dourado). Aproveito para dicirlles que non pasaba nada por cambiar a caixa da alarma, que está oxidada e coa pintura levantada. Seguro que acaba manchando a pedra!

Este é o camiño que fago dende casa ata o meu traballo, e son os casos que vin, pero seguro que se me escapa algún. Pero farei outros percorridos e sacarei máis fotos, que hoxe, 20 de decembro de 2009, facía un frío tan insoportable que me custaba cargarlle ao botón da cámara. Polo demais era un día claro e estupendo para quitar fotos, un día luminoso no que felicito a Manuel, o meu pai, que está de cumpre. Bicos!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo blog, parabéns. Agora que en Santiago temos a Urbarrestaura-xusticieira, que treman os responsables políticos. Este artigo, xa só pola parte gráfica, ben merecería unha boa difusión por aí adiante.
Adiante. Asinado: Tagen Ata.

Anónimo dijo...

Boto de faltar, iso si, que haxa algunha entrada en galego... Pero todo chegará!

Matilde Rodríguez dijo...

Ahí, ahí, difusión de vergonzas urbanas. Estamos contigo

Verbas e verbos dijo...

A parte gráfica é dolorosamente certa...E como dí Samantha Villar, non é o mesmo contalo que vivilo, seguirei no meu empeño. Grazas Tagen Ata e Matilde.