Debe ser que son moi repunante (que si, que iso é verdade, xa o di miña nai) pero non entendo nin entenderei porque se esperou a este ano para arranxar o pavimento da praza da Quintana que está pegado á Porta Santa, o da rúa do Vilar ou o da praza do Toural. Que non se escuden, como noutros casos, en que os cartos veñen de subvencións que hay que aproveitar senón se perden -Plan E-, porque o ano pasado arranxaron Acibechería (o chan nada máis, que as fachadas dan noxo), e seguro que podían ter arranxado esto sen esperar ó Ano Santo... Déixovos unhas fotos do sábdo 30 e do domingo 31 de Xaneiro para que vexades a que montaron esta manga de improvisados...
Praza da Quintana

O do fondo xa é a Porta Santa, que é onde fan cola para entrar as hordas bárbaras de invasión da Catedral ;) Na súa ansia conquistadora, non poideron evitar tirar as señalizacións das obras...

Cartel das obras...¡Se mesmo da ganas de pisalo tamén a el!

Esta intervenión nas
Pelayas tampouco debía poder esperar...
Rúa Do Vilar

O alamacén de material estaba un poco máis adiante...Os da
Fundación Caixa Galicia debían estar encantados... Non hay máis que mirar as dúas fotos de abaixo:

Praza do Toural

O seguinte supoño que será cubrir cunha lona a fachada do Obradoiro e proceder a súa limpeza...
No hay comentarios:
Publicar un comentario