Neste caso, gustoume ademáis ese caño de plástico saíndo da fachada e meténdose no balcón da casa do lado, na que antes estaba Elsavadeboda...
Precioso cable verde...
Moitos tubos oxidados...¿gaña o máis curto?
Tuberías que perden auga, focos sospeitosos, ferros cravados na pedra, ...
¡Que porcona! ¡Esa caixa anda a ensinalo todo!
Cables en diagonal por riba dos propios canos...
A pintura rosa débese a que nunha fiestra desta casa tiñan unha bandeira española...Que non creo que quedara peor que a puñeteira pintura na pedra...
"Somos negros, somos blancos, somos rojos y amarillos...Somos todos diferentes y estamos muy unidos"
O balcón parece que vai saltar a comba...
Mesmo parece que os cables seguen o símbolo do Camiño.. E non vai mal, que isto está xusto enfronte da Oficina do Peregrino...
De moitos colores e enmarañados nun dos arcos da rúa do Vilar...
Máis do mesmo. Arcos mancillados...
Os que va dende o chan pola parede, van cubertos por unha especie de regleta de metal, pero para protexelo de actos vandálicos, que por estética non creo que sexa, que estos a estética a pasan polo arco do triunfo...
Podes quitarte unha foto vestido de peregrino ou podes sacala aforcándote ma maraña tenebrosa...
Polo menos os pintan de branco...
Parecen o sistema circulatorio, suben e baixan por doquier...
Argollas serven para desplazalos por toda a pedra...
¿Son necesarios todos esos cables?
Gústame especialmente como salvan as portas, todo por riba das súas claves...
Vese que son instalacións para durar anos...
Obras moi curradas e supervisadas por especialistas no mundo da chapuza...
Cano vermello...
Precioso arco e más precioso e tenro o abrazo que lle da ó arco o cable...
Ricoleto rincón, cos cables, a pintura levantada e a tenda de recordos a dereita...
O arco, o verdín, os cables, o aluminio...¿Como puden dudar das verbas do noso alcalde?
Este, encántame... As dúas fotos de abaixo, e a de enrriba son do Pazo de Bendaña, de Clemente Sarela, do século XVIII...É o exemplo de como se pode mancillar a arte con cables...
Roliños de cable sobrante que quedan como elemento ornamental...
De novo, todo o aire...
Canos e cables en perfecta convivencia...
Máis caixas abertas...
Con esta luz crepuscular aínda lucen máis...
Os cables trepan pola fachada...
Que hai que parar e dicir basta xa o sabiamos sen necesidade de sinal...
Especie de enchufe colgado sobre a rúa...
Máis roliños de cable...
Cables tensos e cables medio soltos...
Ademáis dunha pintura en malas condicións, podemos ver que o crecemento dos cables é orgánico. como as ramas dunha videira...
Esto que o quiten tal cual e o leven o CGAC...
Parece talmente unha solución temporal, pero así, levar, leva anos...
Mirade que listos estos cables, como se meten na casa sen chamar a atención...
Que dicir disto, ademási de que ese cano negro e plano non creo que cumpla a normativa...
En fin, caixa aberta, cables para todos os lados,...
Si, é o que parece, están atados no aire...
Esto creo que o colocou Edison personalemtne para probar a súa primeira bombilla...
E isto e da primeira proba fallida...
O cable que sobra, adorna...
É un ornamento máis da placa co nome da rúa...
Precioso, ¿non?...¿Cal credes vos que sería a solución a este problema estético sendo respetuosos coas fachadas?
1 comentario:
Pois non sei, todo baixo terra, non? Por qué non se fai?
Publicar un comentario