Website counter

viernes, 29 de enero de 2010

Un anaquiño da rúa Acibechería da para moito...

Como nesta cidade non fai falla andar moito, vou comentar 15-20 m desta rúa, que como saberedes é a que conecta a Praza de Cervantes coa fachada da Acibechería da Catedral, dando acceso, tamén, a baixada cara ó Obradoiro. É dicir, é unha das rúas con máis tránsito da cidade vella.

Sistema de cortinas dunha tenda de recordos desta rúa -que está a ver se consegue ter máis que o Vilar-: cartóns e alfombra de praia.

Porta desta rúa

Antiga Oficina da Seguridade Social, que leva meses pechada e que non desmantelan...As verxas teñen ferruxe e lixo.


Agora vouvos poñer un dos meus exemplos favoritos. Leva así polo menos os 5 anos que eu paso a diario por esta rúa...A rede verde está cravada con puntáis de ferro á pedra, que está recuberta con cemento. É unha especie de cortello, xa que a xente bota merda entre a rede e o edificio, e ninguén o limpa...¿Pasaría últimamente D. Xosé por aquí?.


Detalle da merda


Detalle das táboas coas puntas de ferro.

Outra porta desta mesma rúa (15-20 m., repito)

Xardineiras de arxila suxeitas con ferros...A verdade é que está bastante precario, e calquera día con vento, féndenlle a testa a alguén...

Cableado pola fachada... Nalgún caso oculta o propio número da casa...

Máis e mellor en próximas edicións de " Santiago non é, nin de lexos, a cidade mellor conservada de España"...

Aluminio IV e outras especies...

Pois nada, benquerido alcalde, se non queres caer da súa ensoñación, espero que non vexas nin esta entrada, nin as anteriores nin as que van vir... Hoxe, rúa da Troya, Abril Ares e rúa das Campás de San Xoán.

Escudo e máis aluminio...Estoume a emocionar...

Porta dun establecemento pechado na rúa da Troya...Anos leva así...

Aluminio...



Lateral dunha casa nesta rúa...

Máis aluminio...


Este é un edificio enorme, que cubre gran parte desta rúa da Troya...O seu estado é lamentable dende hai bastantes anos...


E máis aluminio...

Este edificio, a escasos 20 m. de San Martiño, e moi preto do Museo do Peregrino e da Igrexa de San Miguel dos Agros, é unha mostra do estado xeral dos edificios encalados en Santiago...Os de pedra aguantan o tipo, pero estos mostran a verdadeira cara da cidade. ¿Ou non é, Xosé?.

Aluminio...

¿Neste Concello non hay unha ordenanza contra pintadas e carteis? Porque en Ferrol, que é Terceiro Mundo urbanísticamente falando, acaban de aprobar unha...

Encantame esta rede verde das fiestras...¿Esto é o habitual? ¿Permítese mentres non se restaura? (Que inxenua ...se seguro que lle poñen aluminio...bueno, o mellor se non teñen unha boa amizade, non lles queda outra que restaurar...Xa se verá)

Para que non cese a festa, máis aluminio...


Vista do fin da rúa das Campás de San Xoán, cara a baixada de Moeda Vella... Outro dos rincóns encantadores da nosa cidade....

Degradación e aluminio...¡Qué exemplo de cidade!

Esta rúa das Campás de San Xoán recibe o seu nome dunha espadana situada enriba dunha casa particular. A parroquía de San Xoán, que ocupou entre 1933 ata 1995 a capela da Virxe do Socorro da Igrexa de San Martiño empregou estas campás para chamar á misa xa que esta igrexa non ten torres de camapanario na súa fachada. O motivo é que de construirse estas torres no momento que se levantou a fachada (1597), serían máis altas cas da Catedral, que aínda conservaba a súa fachada románica. Desta historia tan curiosa queda o nome da rúa, e pouco máis. O estado do edificio podemos velo na foto

Seguimos "aluninizando" a mañá...



Isto está un pouquiño máis abaixo, chegando á praza da Inmaculada...

Pois nada, que a cidade está de rechupete... Isto de hoxe deben ser 200 m, así que vamos, cando siga por outras rúas -que seguirei-, veremos que máis marabillas atopamos que nos permitan afirmar, sen rubor, que Santiago, a nivel de restauración e urbanismo, é das mellores, senón a mellor, de España. Gracias, Xosé Bugallo, por darme máis ganas de adicar os meus escasos momentos de ocio a ver o ben que tes a cidade. Déixote, para que poidas seguir colocándote medalliñas no peito.

domingo, 17 de enero de 2010

Santiago, en materia de actuaciones urbanas, es tan buena o mejor que cualquier ciudad de España - Xosé Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela)

Primeiro vou estractar o artigo completo, aparecido na Voz de Galicia hoxe, domingo 17 de Xaneiro de 2010. O final porei o enlace coa páxina, para que o podades ver in situ. É unha entrevista o noso alcalde sobre materia de urbanismo, que como poderíades apreciar, é un tema que me interesa e indigna en partes iguais. Repito que fala de Santiago, non de Chile, senón de Compostela. Repito, de Compostela:

"Al margen del Xacobeo, la gran bandera de Bugallo como alcalde ha sido el urbanismo. En el último año, el área compartida por el PSOE y el BNG (en el casco histórico) ha sufrido duras críticas de la oposición, y en la calle existe un anónimo pavor a un departamento con un poder tremendo.
-Santiago, en materia de actuaciones urbanas, es tan buena o mejor que cualquier ciudad de España, y es un caso singular por calidad, por la proporción de vivienda protegida y por el volumen de construcción en este momento. No verá en ningún lugar de Galicia más grúas que en Santiago.
-Eso es política. ¿Pero qué hay de la gestión del departamento?
-No se puede separar la política de la gestión urbanística. Luego en el día a día es verdad que ha sido un departamento meticuloso y a veces se ha entendido como muy intervencionista. Pero eso tiene mucho que ver con los proyectos de calidad: en rehabilitación, en conservación de patrimonio... de verdad, creo que somos mejores que cualquier ciudad de España.
-Pues no faltan ni quejas ni pleitos por estos asuntos.
-Le puedo asegurar que el Concello gana el 99% de los juicios por temas urbanísticos. ¿Qué pasa? Que solo va al periódico el 1% que gana, y es más llamativo. Acabamos de aprobar el PXOM y se han presentado 40 recursos, cuando había más de cuatro mil alegaciones. Me atrevería a apostar con usted a que de los 40, solo cuatro salen adelante."

Estou a ferver, e non moi de acordo co que aquí se afirma. Pero como non é o mesmo dicilo que demostralo, vou poñer 7 mentiras manifestas que están presentes nesta entrevista:

1.- Santiago es tan buena o mejor en urbanismo que cualqueir otra ciudad de España. Neste caso imaxino que se refire ou ben a Madrid no 39, despoís dos bombardeos, ou as Hurdes 5 minutos despoís de rodar Buñuel o seu documental "Tierra sin pan". Teño fotos suficientes nun mes escaso que levo co blog para botarlle por terra as súas afirmacións. E máis que vou poñer, porque esto é agora unha cruzada persoal a morte contra semellante desvergonza.

2.- Es un caso singular por calidad. ¿Por calidade de que?, ¿De verdín?, ¿De madeira podre?, ¿De aluminio con persians por fora? ¿de casas abandoadas? ¿de intervencións polémicas e absurdas? ¿de restauracións a medio facer? ¿de tendas de recordos descontroladas ocupando baixos relevantes da nosa cidade? ¿da eliminación de prazas de aparcamento gratuitas para forzar o uso dos parkings? ¿de reformas urbanas que non se cuidan e os dous días dan pena?...Si, neso o Concello de Santiago alcanza unha calidade suprema. Parabens. En desurbanización sodes os mellores.

3.-No verá en ningún lugar de Galicia más grúas que en Santiago. Esta afirmación aínda non a entendo moi ben. En Dubai hai máis, dígoo por se con esta afirmación pretende entrar no Guinness dos Records. Paréceme que non é motivo para presumir, sobre todo tendo en conta esa maravillosa panorámica da praza da Quintana presidida pola grúa dos obras inconclusas do antigo banco de España (ver entrada neste blog referido a isto).

4.- Falando da suposta politización do departamento de urbanismo di: Ha sido un departamento meticuloso y a veces se ha entendido como muy intervencionista. Home, o truño de Correos é intervencionista, pero no xeito no que o foi EE.UU en Chile ou Arxentina. En canto a meticuloso, supoño que dependerá con quen, porque non fai nin un mes que meteron un aluminio horroroso en pleno Cantón do Toural, e non o entendo como non o viron levando como levan o fuciño sempre recachado cara arriba.

5.- Eso tiene mucho que ver con los proyectos de calidad: en rehabilitación, en conservación de patrimonio. Jajajajajajajajajajaja... O final está falando da cidade de Santiago de Chile seguro. Iso ou este señor é o gañador do último Festival do Humor Alcaldes sen fronteiras en afirmacións falsas, incorrectas, imprecisas ou, simplemente, mentireiras.

6.- De verdad, creo que somos mejores que cualquier ciudad de España. Remítome o primeiro punto do meu descurso. Por non repetirme.

7.- Le puedo asegurar que el Concello gana el 99% de los juicios por temas urbanísticos. É o que ten ter a tixola polo mango. Tampouco entendo moi ben a que se refire. Eu entendo que o Concello paraliza unha restauración ou reforma ou obra de nova pranta por incumplimento da normativa, e gaña o xuizo. Moi ben. Isto supón que coñece a normativa e non a fai cumprir en tódolos casos, senón nalgúns. Cada cal que quite as súas propias conclusións.

Conceder unha entrevista e facer estas afirmacións sabendo que a xente que vive nesta cidade ten ollos na cara é surrealista. Pido que esta entrevista se imprima e se coloque nun marco na Fundación Granell, entre un cadro da etapa barroca e unha ensanblaxe de don Eugenio. Aínda que creo que no Museo do Humor de Fene tampouco desmerecería. E que o ilustre Xaquín Marín.

http://www.lavozdegalicia.com/santiago/2010/01/17/0003_8232149.htm

miércoles, 13 de enero de 2010

Fiestras de aluminio III

Estas fotos quiteinas o día de Reis pola tarde, e como chovía e facía un día de cans, discúlpome por adiantado pola súa calidade, xa que para non mollar en exceso a miña querida cámara, algunhas están un pouco movidas. O itinerario será o seguinte: Cantón do Toural, Rúa Nova, parte de Tras Salomé, Xelmírez ata Preguntoiro, rúa da Conga, Vilar, praza do Toural, Bautizados, porta Faxeira, rúa do Franco, Praza de Fonseca e rúa de Fonseca. Aquí xa se fixo de noite, e aínda que vin máis aberracións, xa non podía quitar fotos. Así que confiade na miña palabra e nas fotos que quitarei en próximos días.

Porei de novo o caso da Clínica dental Pazos, por regodearme, como cando metes a lingua no lugar onde antes había unha moa, e dóete, pero non o podes evitar. É dicir, un acto compulsivo fronte o acto repulsivo que é este aluminio no Cantón do Toural:


Rúa Nova

Hostal -Bar La Tita. Ole, ole y ole esas persianas por fora en pleno centro histórico. Vese que lles vai ben o negocio, que non escatiman en gastos.



Máis casos na rúa Nova:

Tras Salomé

Rúa Nova de novo (parece un trabalinguas!!) Este ten escudo e alumnio, aínda que direi que me parece un alumnio moi respetuoso coa zona, e se todos foran así, esta sección tería bastante menos mala leite.


Antigo Pazo de Santa Cruz, hoxe Residencia universitaria de María Inmaculada.




Esta casa pecha a rúa Nova cara Xelmírez. Aínda que parece un burdel por ese luminoso horrendo, en realidade, e supostamente, é unha tende de productos de calidade chamado As Monxas, e tamén está ornado con aluminio...Teremos que ser crédulos aínda que os nosos sentidos nos aconsellen desconfiar...

Rúa de Xelmírez






Rúa da Conga




Fiestra lateral do antigo Banco de España, hoxe zona "0" de Santiago (ver a entrada no blog reservada a este sinsentido). Aluminio cor aluminio.

Rúa do Vilar. Conste que o baixo quedou moi ben, é entendo que pechen o zaguán. Pero o metal sobra, hay outras solucións...













Praza do Toural

Rúa Bautizados

Ollo á ampliación do tellado...Que sutileza...Que fermosura..



Porta Faxeira

Rúa do Franco





Que edificio máis alto!!



Esta fantasía psicotrópica débese a choiva.







Poderían cortarse un pouco máis en poñer o aluminio por dentro en branco se por fora é en verde.




Esta madeira cor madeira paréceme sospeitosa, ¿non teñen que ir en branco ou verde? Ala, anarquía... (De todas maneiras, case enfronte está a nova sede de Correos, igual se lle caeu a pintura do susto)



Praza de Fonseca



Rúa Fonseca



Xa está ben por hoxe!!! Gustaríame darlle as gracias a Rubén que, rosmando, eso si, acompañoume a quitar estas fotos e axudoume a buscar os edificios con aluminio. Sen el non sería o mesmo. E este blog tampouco.