Website counter

viernes, 8 de enero de 2010

¡Nevou!

Hoxe, venres 8 de Xaneiro de 2010, tivemos un regalo de Reis atrasado: unha maravillosa nevada veu cubrir as pedras da nosa cidade. Dende o 1999 que levo vivindo na cidade, non vira nevada tal. O ano pasado caeu un pouco, pero non chegou a estos niveis. Aínda que sei que este non é un tema propio deste blog, non podo ignorar o happening que a metereoloxía montou en Compostela.

Montero Ríos xeado na praza de Mazarelos

Esquina da travesía da Universidade e a rúa do Castro

Quintana de Mortos (de frío!!!)

Estas son as verdadeiras pegadas do Camiño, nas escaleiras da Praza da Quintana

Praza da Inmaculada e da Acibechería

A Berenguela e as torres do Obradoiro

Panorámica de Santiago: un anaco de San Francisco, a biblioteca Anxo Casal, Maxisterio, o auditorio...

Igrexa de San Francisco e muro de Valdedios de San Martiño Pinario. Ó fondo a bruma e o Pico Sacro...

Non é a mesma ca outra!! Nesta pdoemos ver ó fondo o Convento do Carme e o de Santa Clara

Escaleiras de San Martiño dende o aire (que viña frío que era moito)...

E de aquí, o ceo...


Vale que son de bágoa fácil, pero días como hoxe das gracias por estar viva e por poder disfrutar de experiencias coma esta...E aproveito que en este artigo non lle quito a ninguén os fígados pola boca para lembrarme de Estaban Pintos, que morreu nos albores deste ano 2010, deixando un oco moi grande no Bazar Casa Sole, na rúa da Calderería, do que son fan confesa, fiel e inquebrantable. Era un gran profesional, amable e namorado do seu traballo, co cal supoño que tivo unha vida feliz. Dende aquí, un cariñoso recordo para el e a súa familia.

2 comentarios:

Matilde Rodríguez dijo...

Jo, son preciosas, incríble a das escaleiras de San Martín. Con estas vistas ata se lle esquecen a un as burradas de urbanismo. Grazas por estas fotos!

Verbas e verbos dijo...

Grazas a ti por velas!!! Xa chas pasarei.