De feito, o edificio rosado contra o que se apoian os puntais é unha galería de arte contemporáneo. ¡¡Menuda instalación que montaron nos xardíns!!
Se non entendín mal, resulta que van parar a obra polo Ano Santo...Igual cando comezaron a derribalo fai 2 meses non se deron conta de que non lles daba tempo... ¡¡Manga de improvisados!!
Para quen non o sepa, a fachada deste edificio é unha das que cerran a praza de Praterías, tendo o lado a casa do Deán, a actual Oficina do Peregrino, e en ángulo recto a casa do Cabildo, ambas barrocas. Xusto en fronte ten a galería de Gil de Hontañón da Catedral, a fonte dos cabalos, e, subindo as escaleiras, a propia fachada de Praterías. Obviamente o antigo Banco de España é moderno, aproximadamente dos anos 50 do XX, senón xa estaría cantando unha aria nas súas ruinas como a Caballé no Liceo.
O único bo, é que temos outra torre que en altura e beleza competirá cona Berenguela:
No hay comentarios:
Publicar un comentario