O tour de hoxe é dende o Convento das Mercedarias ata a plaza de Galicia pola Virxe da Cerca, e despoís Orfas, Calderería e Preguntoiro, sacando tamén fotos, neste caso, a tódolos baixos comerciais que me chamaron a atención...
VIRXE DA CERCA
RUA DAS ORFAS
Moi lamentable o caso do Convernto de Orfas
RÚA CALDERERÍA
No caso de tendas como esta, Casa Sole, antigas, podemos entender que a normativa non se aplicou ou por descoñecemento da mesma ou porque non se aplicaba no momento. Son as tendas novas as que son unha vergonza. Por certo, gran tenda para os que vos guste cociñar: teñen de todo e a moi bo prezo. ¡E non vou a comisión!.
RÚA DE PREGUNTOIRO
Pido desculpas pola calidade dalgunhas fotos, pero o día está bastante escuro -polo menos non chovía, que levaba unha semana sen parar-, e as rúas son estreitas, polo que nalgúns casos non se aprecia moi ben o aluminio. En fin, urbanistas xusticeiros, quedo agardando polos vosos comentarios, e se coñecedes algún caso especialmente sangrannte, avisádeme...Feliz ano para todas e todos!!!
2 comentarios:
Como compostelana me avegüenzo Elena...para qué farán as leis se despois non as fan cumplir...Co bonito que é/era Santiago.
Santiago e moi bonito, pero é sumamente incoherente a política urbanística que segue...Mentres son moi estrictos nalgúns casos, son permisivos no uso de certos materiais prohibidos -neste caso o alumninio- e permiten intervencións como a ampliación de Correos que son, simplemente, incomprensibles. Santiago é precioso, pero require un mantemento e un cuidado que debería partir dos particulares, pasando polas empresas e culminando co Concello, o encargado de penalizar as malas inetrvencións. Cando este último órgano é pocuco competente, comeza a anarquía nas rehabilitacións, como se pode ver nestas fotos.
Publicar un comentario