Website counter

jueves, 7 de enero de 2010

Nooooooooon...A ampliación de Correos...Noooooooon...

Sen verbas...O oso cubriu a serpe e produciuse a concepción...Terémolo que comer sen patacas nen pan, e so nos queda o dereito a pataleo. Pois vou exercelo. Falando en prata: MENUDA MERDA!!!! O que decidiu, executou, perpetrou ou maquinou isto, "Anda y vete pa tu pueblo", e se é de aquí, que marche para Ferrol, que alí pode realizarse como persoa.



Esas cousas que penden diante é a iluminación de Nadal, aínda que supoño que antes de rematar lle poran unha saia de faralaes, unha foto de Paquirrín ou unha reproducción a escala do cu dun mono pelado e vermello, por iso de facer o horrendo máis feo todavía...




A foto está un pouco escura, xa a repetirei, pero é para que se vislumbre a perfecta unión e simbiose que existe entre este pombar conceptual e posmoderno de pedra pulida e o que é o entorno da rúa do Franco. Lembremos que esta intervención está a 50 m. de Fonseca e a uns 200 da fachada do Obradoiro. Sinxelamente horrible e lamentable. Unha mostra máis de como as institucións abusan do seu poder e potestade para facer intervencións que un particular tería completamnete vetadas.

2 comentarios:

Matilde Rodríguez dijo...

Prefiero un culo de mono a la foto de Paquirrínnnnn

Verbas e verbos dijo...

Creo que barajan también a Falete, así que les puedes pasar tu chapa.